Arte, flores e solidariedade: O deseño de Luis Davila florece no Corpus de Bueu en prol de AGAELA

O humor gráfico ten a capacidade única de facernos sorrir cada día coa nosa retranca, pero cando a ilustración se une a unha causa xusta, convértese nun motor de cambio imparable. Un exemplo perfecto é a colaboración do ilustrador galego Luis Davila coa Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), poñendo o seu talento ao servizo dunha loita vital: dar visibilidade e apoio ás persoas afectadas pola ELA e ás súas familias.

Esta alianza solidaria viviu un momento emotivo e espectacular durante a celebración das tradicionais alfombras florais do Corpus de Bueu, onde o papel e a tinta deron paso ás flores, as cunchas e a maxia do traballo comunitario.

Da ilustración ao chan do Corpus de Bueu: Unha alfombra con alma

Este ano, a Asociación Cunchas e Flores de Bueu quiso homenaxear cunha das súas emblemáticas creacións do Corpus Christi as persoas que conviven coa ELA, cunha alfombra para AGAELA coa personaxe  de Dora, valente e loitadora, do debuxante e autor de O Bicheiro Luis Davila, quen ademáis lles adicou a frase “sachando na ELA”. 

Tras moito traballo e agarimo por parte das persoas voluntarias, a alfombra floral convertiuse nun impresionante símbolo de solidariedade e compromiso.  As alfombras de Bueu son formas de expresións culturais e artísticas  das máis senlleiras da nosa terra, na que a arte efímera sirve neste caso,  para visibilizar a realidade da ELA e  demostrar que as nosas tradicións tamén son o mellor vehículo para a concienciación social. 

Productos solidario: Luce arte con compromiso

A colaboración de Luis Davila con AGAELA non se detén no Corpus. O deseño cedido polo ilustrador tamén é o protagonista de productos solidarios da asociación. Xa que están dispoñibles camisetas, paraugas, chaveiros, chuvasqueiros e outros artigos solidarios https://www.agaela.es/produtos-solidarios

O máis importante: o 100% dos beneficios destinanse integramente a financiar os servizos esenciais que ofrece AGAELA en toda Galicia para garantir a calidade de vida dos afectados de ELA. Mercar unha destas pezas é, literalmente, lucir arte con alma e axudar a que ningunha familia camiñe soa.

Compromiso social con selo galego

Máis alá da retranca, a ironía e as viñetas diarias que todos seguimos en luisdavila.gal, o viñetista mantén un compromiso constante co tecido social, cultural e benéfico de Galicia. Esta acción en Bueu, a súa vila natal, volve demostrar que a ilustración é a ferramenta perfecta para mover conciencias e apoiar a quen máis o precisa.