V DE VIÑETAS — VIII Xornadas de Cómic do Liceo de Noia
Luís Davila e Akira Toriyama protagonizan unha nova edición do V de Viñetas repleta de sorpresas
Volven as xornadas de cómic da Sociedade Liceo de Noia. Na sua 8ª edición, o V de Viñetas volve demostrar que é unha das citas máis potentes do panorama da banda deseñada na Galiza. Nada máis nin nada menos que Miguelanxo Prado, Álvaro Ortiz, Lucía Cid, Iría Aldegunde, Fran Jaraba, Antonio Altarriba e Luís Davila acudirán a este evento par facer delicias entre os apaixonados e as apaixonadas do noveno arte.
Acompañan o evento un total de cinco exposicións, unha delas dedicada a Luís Davila e na que se poderán mercar orixinais dun dos autores máis recoñecidos da Galiza.
NOS DIARIO
AUTOR: RICARDO SUÁREZ
EXPOSICIÓN PINTURA LUIS DAVILA EN V DE VIÑETAS
Luis Davila participa como viñetista e presenta una exposición de pintura. Alfonso Barreiro organizador das xornadas destaca que se trata «dunha coleción pictórica que é maravillosa» E añade que as obras estarán a venta ata o vindeiro 13 de decembro, para o público que desexe «levarse un cadro de Davila».
ALFONSO BARREIRO

